Wednesday 08 de May de 2024

Monicreques para o público infantil este sábado en Cabanas


A actividade terá lugar no Parque do Areal e forma parte da programación do Concello de Cabanas polas Letras Galegas

O Parque do Areal de Cabanas acollerá este sábado ás 12 horas unha representación de monicreques, continuando coa programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas.

A compañía Fantoches Baj desenvolverá o espectáculo de monicreques “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, unha actuación inspirada na obra “Galicia” de Fernández del Riego, autor homenaxeado polas Letras neste 2023.